Data: 23, 24 e 25 de Abril, 2004 Local: Hotel Novo Muiño?Praia de Camposancos?A Guarda (Pontevedra)
ORGANIZA:Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega; Departamento de Pedagoxía e Didáctica das CC.EE da Universidade da Coruña; Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP) A cita das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses está novamente convocada. Nesta ocasión cun ano de retraso por mor das difíciles circunstancias que a vida nos da de vez en cando. Pero precisamente por esas dúas circunstancias, o tempo de espera e as ganas de seguir loitando pola paz, fan que ésta sexa unha convocatoria realmente moi especial. O lugar da cita tamén tiña que ser especial. Así que, novamente, eleximos por terceira vez un dos enclaves paisaxísticos máis fermosos e espectaculares da nosa xeografía: a desembocadura do Miño, o lugar onde o rio Miño se funde co mar unindo, ao mesmo tempo, as terras irmás da Galiza e Portugal. O lugar, no que hai moitos anos moitos colegas portugueses asistiron por primeira vez aos nosos encontros. E con moitos deles e delas xa quedamos unidos para sempre. A temática deste ano xira en torno ao tema central do debate mundial como é a comprensión dos significados e das consecuencias tanto sociais, políticas, económicas e educativas da globalización neoliberal, con especial énfase na nova estratexia norteamericana da guerra preventiva, secundada por algúns gobernos como son os casos de España e Portugal. A profundización dos desequilibrios ente o Norte e o Sul do planeta, o aumento da precariedade e da exclusión social, a institucionalización da mentira como forma habitual de facer política, o recorte progresivo das liberdades e dos dereitos da cidadanía democrática, o proceso xigantesco de deseducación para a paz a que se pretende sumir á poboación, etc., son aspectos suficientemente importantes que nos obrigan a ?armarnos? intelectulmente para poder afrontar esta complexa realidade con mayor criterio e disposición. Como educadores e educadoras, dado que un dos nosos obxectivos é facilitar aos estudantes estratexias para comprender o mundo no que vivimos, temos que debatir, tanto no plano da teoría como o da práctica, cáles son as mellores estratexias para afrontar esta situación. Para elo na tarde do venres, despois da tradicional sesión de xogos cooperativos, Carlos Taibo introducirá o tema desde a análise global da nova orde internacional e as alternativas que á mesma se están a producir, para na mañá do sábado, Xesús R. Jares presentar a súa análise e as súas propostas en clave educativa. O sábado pola tarde é momento de vivir experiencias e propostas educativas desde os seis obradoiros/oficinas que se ofertan (cada participante debe escoller un dos seis). Con temática variada e renovando a práctica totalidade dos obradoiros, e contando con profisionais con experiencia e mérito recoñecidos. A parte práctica do Encontro continúa o domingo pola mañá coa presentación e experiencias. Como é tradicional, os xogos cooperativos salpicarán o Encontro ao longo da fin de semana. Pero, ademáis este Encontro ten outro elemento de vital importancia como é a proposta que se vai discutir na Asamblea do domingo para constituir una Asociación galaico-portuguesa de educadores pola paz. Unha proposta que pretende fortalecer a vida deste movemento transfronteirizo que encetamos hai máis de dez anos. Por último o a convocatoria deste ano ten outro elemento que o fai especial como é a celebración do 21º aniversario de Educadores/as pola paz-Nova Escola Galega e máis o 30º aniversario da revolución democrática do 25 de abril. PROGRAMA Venres/6ª feira , 23 de Abril 16.00h.- Recepción 18.00h.- Xogos Cooperativos 19.00h.- Apertura e Boas vindas 19.15h.- Conferencia-debate: ?A nova desorde internacional: hexemonía estadounidense e contestacións?, por Carlos TAIBO (Profesor da Universidade Autonóma de Madrid. Autor de numerosos libros e artigos. Colaborador habitual dos xornais El País e La vanguardia). 21.00h.- Cea/ Jantar. 22.00h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións presentes. Dinámicas de presentación e coñecemento. Sábado, 24 de Abril 08.00h.- Almorzo/Pequeno almoço. 09.30h.- Tema de Estudo: ?Educar para a paz en tempos de globalización e guerra preventiva?, presentado por Xesús R. JARES (Coordinador de Educadores pola paz-NEG. Catedrático da Universidade da Coruña. Presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz-AIPAZ) 10.30h.- Preguntas aclaratorias e organización dos grupos de reflexión 11.00h.- Pausa 11.30h.- Traballo de reflexión en grupos simultáneos 12.30h ? Conclusións e posta en común 13.00h.- Posta en común (gran grupo) e conclusións 14.00.- Xantar/Almoço 16.30h.- Obradoiros/ Oficinas (2 sesións de 2h cun descanso no medio): Cada participante escolherá um dos seguintes: ? Re-encantar o mundo através de uma pedagogia dos afectos: as expressões artísticas integradas numa educação para a paz, por Lucilia VALENTE (Professora Associada no Departamento de Artes da Universidade de Évora, Portugal) ? Teoría e práctica do obradoiro da escrita. A poesía na aula, por Bernardo CARPENTE (Profesor de Ensino Medio en Vigo, Galiza) ? Danças do mundo, por Paulo FERREIRA RODRIGUES (Professor na Área de Educação Musical da Escola Superior de Educação de Lisboa, Portugal) ? Estratexias para a mellora da convivencia, por Carmen LOUREIRO (Profesora de Secundaria na Illa de Arousa, Galiza) Educaçao para a paz, educar na diferença. Estratégias e actividades para os educadores, por Armindo GREGORIO e Maria do Céu FERRO (Educadores da ONG Oikos en Lisboa, Portugal) O coñecemento a a ciencia nun mundo globalizado. A crítica da ciencia desde o feminismo e outras exclusións, unha aportación á cultura e a educación para a paz, por Carmen MAGALLÓN (Fundación Seminario de Investigación para la Paz, Zaragoza) 21.00h.- Cea/Jantar 22.00h.- Festa da Paz e do 25 de Abril Domingo, 25 de Abril 09.00h.- Almorzo/Pequeno almoço. 10.30h.- Presentación de experiencias e comunicacións 11.45h.- Pausa 12.00h.- Asamblea: Avaliaçión do Encontro e Proposta para unha organización do movemento galaico-portugués de educadores pola paz 13.15h.- Fotografia da paz e ceiba da pomba da paz 13.30h.- Xantar/Almoço. 16.00h.- Clausura/Encerramento do encontro PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS: As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático. Poden ser enviadas por correo-e á dirección: jares@udc.es Data tope de entrega: 31 de marzo. PRECIOS: 1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre: a) Socios de NEG ; socios do MEP; estudantes e parados/desempregados até o día 31 de marzo: 80 euros. Despois desa data: 90 euros. b) Resto das persoas: 90 euros até o día 31 de marzo. Despois desa data o precio é de 100 euros. As persoas que queiran habitación individual teñen que pagar un suplemento de 10 euros. 2. Só matrícula: a) Ata o día 31 de marzo: - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e parados/as,: 25 euros. - Resto: 30 euros. Despois do 31 de marzo: - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as,: 35 euros. - Resto: 40 euros. CERTIFICACIÓN: * Entregase certificado oficial aos asistentes así como aos que presenten experiencias/comunicacións. * Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración, tal como foi concedido pola Universidade da Coruña para Encontros anteriores. INSCRIPCIONS: Enviar os datos persoais da ficha de inscripción xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a: Educadores pola paz Apdo. 577 36200 VIGO (Pontevedra) (España) CONTA a nome de: Educadores pola Paz Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo. MAIS INFORMACIÓN:PORTUGAL Escola Secundaria do Moinho da maré. Corroios-Seixal (Setúbal) Tfno. 21 25 38 881. Fax: 21 25 39 150 Correo-e: es3moinhomare_ce@iol.pt GALIZA Nova Escola Galega (NEG): Tfno/Fax: 981.56 25 77 ((lúns de 19 a 21,30 h. e xoves de 9 a 11h.). Correo-e: neg@iaga.com Dto. de Pedagoxía e Didáctica: Tfno. 981 16 70 00. Ext. 1743 ou 1867 Fax: 981 16 71 53 (a atención de Xesús Jares) Correo electrónico: jares@udc.es
|